Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Gràcies per comprar a llibreries reals!
Coberta de As superviventes — Ramón Caride

As superviventes (Gallec)

16,62€ 17,50€ -5%
Disponibilitat immediata per a l’enviament
16,62€ 17,50€ -5%
Disponibilitat immediata per a l’enviament
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Recepción

Enviament a domicili Gratuït  a partir de 18 €

info_shipping Disponibilitat immediata per a l’enviament
Ubicación

Recollida a la llibreria Gratuït

Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!
Coberta de As superviventes — Ramón Caride
As superviventes

Detalls del llibre

Tres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas, e levan sufrido agresións físicas, sociais e farmacolóxicas. Con todo, non se consideran vítimas, cousas pasivas que se deixan facer e desfacer, e pelexan acotío para chegaren a ser quen queren. Son superviventes.
Neste tempo de crise enquistada -unha era marcada polas ditaduras produtivas, consumistas, tóxico-pornográficas e tamén pola das redes sociais-, a demolición dos prototipos de xénero e a construción da propia identidade sexual e afectiva son cavorcos que poucos se atreven a ollar até o seu fondo. Mais a vida é un exercicio de funambulismo, mesmo que non nos decatemos. Andamos sempre en precario equilibrio riba dun cabo moi estreito, ao bordo da caída libre no baleiro. E cando miras moito tempo ao abismo, o abismo tamén mira dentro de ti. Chamádeme Xanax!
Llegir més

  • Enquadernació Tapa tova
  • Autor/a Ramón Caride
  • ISBN13 9788411106221
  • ISBN10 8411106225
  • Pàgines 120
  • Gruix 10 mm
  • Any Edició 2025
  • Data de publicació 16/01/2025
  • Idioma Gallec
  • Edició edición
  • Lloc de publicació España
  • Col.lecció Edición Literaria - Narrativa
  • Alçada 230 mm
  • Amplada 155 mm
  • Pes 180 g
  • Seguretat del producte
    Nombre de la empresa: GRUPO ANAYA. S.A.U.
    Dirección postal: C/ Valentín Beato, n° 21. 28037. Madrid (España).
    Email de contacto: clientes@grupoanaya.com
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit As superviventes?

Sobre l'autor

Ramón Caride Ramón Caride

Ramón Caride

1957 (San Cristóbal de Cea) Veure pàgina de Ramón Caride
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004), «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018), «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).
Llegir més

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp