Com està la meva comanda?
Xabier Domínguez Pérez
Xabier Domínguez estudou a Primaria na súa vila natal de Vilar de Barrio, e pasou a Secundaría no IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, onde comezou a interesarse pola escrita, participando en varios certames de relato curto. Nesta etapa de ensino secundario gañou o III certame de relato curto, Letras Galegas, organizado polo concello de Xinzo de Limia e resultou finalista no concurso de relato curto Entre nós, en galego, na fase provincial en Ourense, organizado pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia. Estudou Maxisterio Musical na Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 2004 e 2007. Adícouse ao mundo da educación dende o remate da carreira pasando por diferentes colexios da xeografía galega. Froito da súa profesión, da inquedanza pola escrita e a teima por aportar o seu gran de area á educación dos máis cativos, naceu a atracción pola escrita de literatura infantil e xuvenil. Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato A Superavoa de Antón (2017) e La Superabuela de Antón (2017), libros editados tanto en galego coma en castelán (Ed. Meu Rei) dos que é coautor xunto con Alba De Evan Freijedo. Criado á sombra da Serra de San Mamede, creou xunto coa súa compañeira Alba De Evan a serie de contos con temática medioambiental Naturizo[2] (Ed. Linteo) que transcorre na mesma Serra. Dende o 2017, ano da súa publicación, saíron publicados oito títulos distintos dentro da colección: Unha casa para o inverno, Un agasallo para Naturizo, Un perigo inesperado, Un cheiro picante, O retorno das flores, Un fogar para Marmelo, Onde está Lusco? e Lazos de amizade. No ano 2020, continuando no eido do público infantil, publica Fronteiras de papel (Antela Editorial), no que trata a problemática á que se enfrontan os migrantes na súa procura dun futuro mellor. Tamén no ano 2020 foi un dos membros fundadores de Antela Editorial[3], adicada á literatura infantil e xuvenil, onde tamén exerce o papel de editor. Antela Editorial ten publicados varios títulos: Fronteiras de papel (2020), Soños de Cajamarca, Sueños de Cajamarca, Xa non son malo e O xigante de Allariz (2021), Elvira (2021), O país da choiva (2021). No mes de maio do ano 2021 editouse a súa primeira novela xuvenil, Maxia de Pedra[4] coa Editorial Xerais, escrita xunto con Alba De Evan, unha historia na que mestura actualidade e fantasía, con elementos históricos da historia antiga de Galicia coma a cultura castrexa. No mes de outubro do mesmo ano editouse a segunda novela xuvenil, A bruxa Selana con Cumio Edicións, escrita xunto con Alba De Evan e traducido ao castelán. Unha historia de bruxas, nenos, enredos e fantasía, na que a protagonista Selana, xunto coa axuda da Santa Campaña terá que resolver un misterio.
Llegir més
Rep novetats de Xabier Domínguez Pérez
SeguirRep novetats de Xabier Domínguez Pérez
SeguirLlibres escrits per Xabier Domínguez Pérez
Tapa tova
Miquits 2. Visita á casa da avoa (Gallec)
Xabier Domínguez Pérez, Alba De Evan Freijedo
12,25€
12,90€
-5%
Tapa tova
Miquits. Visita à casa da avó (Portuguès)
Xabier Domínguez Pérez, Alba De Evan Freijedo
12,82€
13,50€
-5%
Llibres editats per Xabier Domínguez Pérez
Llibres coordinats per Xabier Domínguez Pérez
Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?
Quin bon gust que tens!
Has guardat aquest producte a la teva llista de Ho vull!
Veure la meva llista Ho vull!
L'app dels teus llibres
Bookish, l'app dels teus llibres. Descobreix una nova manera de llegir. Uneix-te a l'app de Bookish i descobreix una nova manera de llegir.